Acción Contra a Fame ofrecerá un curso gratuíto de Prevención de Riscos Laborais en Monforte e Chantada

RibeiraSacraXa
O obxectivo desta formación é mellorar a empregabilidade nas comarcas de Lemos e Chantada
trabajo_internet_ordenador_recurso
7 Feb 2025

Acción Contra a Fame ofrecerá en Chantada e Monforte de Lemos un Curso Básico en Prevención de Riscos Laborais na Construción (PRL), dentro do programa Comunidades de Emprego e Emprendemento.

O obxectivo desta formación é mellorar a empregabilidade nas comarcas de Lemos e Chantada a través dunha formación gratuíta e certificada.

O curso terá unha duración total de 60 horas, distribuídas en 20 horas presenciais e 40 horas online. As clases presenciais impartiranse na Escola Oficial de Idiomas de Monforte, mentres que a formación online requirirá o uso dun ordenador, móbil ou tablet. Ambas modalidades deberán completarse integramente para obter a certificación oficial.

As sesións presenciais terán lugar os martes de 09:05 a 14:00 horas os días 11, 18 e 25 de marzo e 1 de abril.

As persoas interesadas en participar deben inscribirse antes do 27 de febreiro. Para acceder a esta formación gratuíta, é necesario estar en situación de desemprego (co Darde actualizado) e darse de alta no programa de Acción Contra a Fame, que non interfire con outros programas locais, autonómicos ou nacionais.

 

 

0.16965699195862