Acción contra a Fame impulsa un ciclo de encontros para o sector turístico das comarcas de Chantada e Terra de Lemos

RibeiraSacraXa
A actividade será o 27 de marzo e está dirixida a empresas e a persoas con proxectos de emprendemento no sector turístico
comunidades.rurais-chantada
15 Mar 2025

O próximo 27 de marzo, de 17.00 a 19.00 horas, Acción contra a Fame celebrará nas instalacións de Vía Romana, en Chantada, o primeiro dunha serie de encontros-networking dirixidos ao sector turístico. O obxectivo desta iniciativa é favorecer o contacto entre empresas e proxectos vinculados ao turismo, fomentando o seu mutuo coñecemento e colaboración, especialmente das comarcas de Chantada e Terra de Lemos.

Tras estes encontros, as persoas participantes terán a oportunidade de asistir a talleres formativos especializados, nos que se traballará na creación de experiencias turísticas conxuntas. Esta proposta busca fortalecer a oferta do sector e xerar sinerxías que contribúan ao desenvolvemento turístico sostible. A actividade enmárcase dentro do proxecto Comunidades de Emprego e Emprendemento rural sostible, financiado polo FSE+ e a Fundación MAPFRE.

⚙ Configurar cookies
0.044382810592651