Ábrese o prazo para participar das actividades da Escola de Música e a de Danza de Monforte

RibeiraSacraXa
As clases darán comezo o luns día 16 de setembro de 2024 e rematarán o venres día 13 de xuño de 2025
conservatorio-musica-monforte-matricula-3
3 sep 2024

O Concello de Monforte vén de abrir o prazo de inscrición tanto na Escola Municipal de Música como na Escola Municipal de Danza para o curso 2024/25.

Para realizar a inscrición os interesados deberán dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos en horario de mañá entre as 10.00 e as 13.00 horas. Tamén é posible a inscrición a través da Sede electrónica do Concello, no seguinte enlace, no apartado “Meus trámites”.

As clases darán comezo o luns día 16 de setembro de 2024 e rematarán o venres día 13 de xuño de 2025 e as especialidades musicais ofertadas a partir dos 6 anos son percusión moderna (batería, bongós...), percusión tradicional galega (pandeireta, tamboril, bombo e pandeiro, teclado, violín, guitarra, ukelele, gaita, clarinete, frauta, saxofón, trompa, trompeta, trombón de varas, tuba, bombardino, canto coral, canto tradicional galego e canto con pandeireta, e linguaxe musical.

En música, a ensinanza instrumental completarase con clases de linguaxe musical, así como participación en grupos colectivos que se organicen na Escola.

Pola súa parte, tamén hai especialidades ofertadas en danza, como danza tradicional galega a partir de 5 anos, danza contemporánea e moderna a partir de 9 anos, e ballet clásico a partir de 5 anos.

As clases de danza ofertadas contarán cunha didáctica máis académica centrada nas técnicas do desenvolvemento da estabilidade, a rotación, a liña, a expresión... atendendo ós principios básicos imprescindibles para unha correcta aprendizaxe.

Do mesmo xeito, levarase a cabo unha orientación, se é o caso, cara a un ensino de carácter profesional cando as aptitudes e a vocación do alumno así o aconsellen. Formaranse así grupos colectivos por niveis e idade nas 3 modalidades de danza.

Dende o Concello de Monforte inténtase desta forma consolidar, con todas estas especialidades, unha oferta ampla e variada para a escola, tanto en música como en danza.

0.38652110099792