Abre o prazo para participar na 25ª edición da Mostra Artelemos

RibeiraSacraXa
A mostra celebrarase do 1 ao 6 de agosto e o prazo para participar estará aberto ata o 10 d xuño
Artelemos
21 May 2025

O Concello de Monforte de Lemos vén de abrir o prazo de inscrición para participar na 25ª edición da Mostra Artelemos, prazo que permanecerá aberto ata o día 10 de xuño, para que os artesáns e artesás poidan cursar as súas solicitudes.

Este ano 2025 o Concello mantén un día mais de celebración da mostra con respecto a outros anos, repetindo a fórmula do 2024, que permanecerá aberta así durante seis días consecutivos nas primeiras datas de agosto, concretamente dende o día 1 ata o 6, na rúa Cardeal, como ben sendo habitual.

Tal e como explicou o Alcalde “este ano, Artelemos, terá de novo unha duración de 6 días xa que a tradición e os produtos feitos a man, son un valor á alza e a artesanía é un valioso activo da industria rural. Como xa expliquei noutras ocasións, recuperar e manter viva a rede de artesáns que temos na actualidade, é o obxectivo que se persigue con estas iniciativas xa que a artesanía é un valioso activo da industria rural, que cada vez é mais apreciado e valorado pola sociedade”.

“Nesta mostra”, salienta o alcalde, José Tomé Roca, “poderemos atopar gran variedade de disciplinas artesanais. Participarán na mesma un número total de 30 artesán/áns podendo ofrecer unha variada gama de produtos que van dende orfebrería, cestería, coiro, lá, cerámica, olería de Gundivós e outras expresións artísticas tradicionais... ademais os visitantes que se acheguen a desfrutar desta nova edición de Artelemos, poderán ver en vivo a elaboración de pezas que os propios artesáns realizarán así como a participación de obradoiros para nenos e nenas”

O horario durante os seis días da Mostra Artelemos será de 10:00 a 14:00 e 18:00 a 22:00 horas e poderán participar aqueles/as artesás/áns coa carta de artesanía emitida, e/ou taller dado de alta como artesán/á, tendo estes últimos prioridade, así como aqueles de Monforte e a comarca Terra de Lemos, e inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Dende o Concello queren animar aos artesáns a participar na Mostra de Artesanía Artelemos porque supón un escaparate único para poder mostrar os seus produtos e explicar directamente aos visitantes da Mostra, a súa elaboración. Deste modo, pódese apreciar con mais claridade a complexidade e traballo dos produtos artesáns, axudando a darlles o verdadeiro valor que teñen.

⚙ Configurar cookies
0.089140892028809