Abre o prazo para inscribirse no curso anual de apicultura do Saviñao

RibeiraSacraXa
O prazo de inscripción para realizar o curso, que dará comezo o 10 de abril, está aberto ata o 31 de marzo. Hai 25 prazas.
abella apicultura
12 Mar 2021

O Concello do Saviñao vén de anunciar o próximo inicio do curso anual de apicultura. A formación dará comezo o día 10 de abril e desenvolverase os sábados, en horario de 20.00 a 21.00 horas, no auditorio de Escairón.

O curso superior de apicultura 'O mundo das abellas' correrá a cargo de Alberto Vázquez Domínguez e nel abordaranse temas como a historia das abellas, a colmea e as súas clases, as enfermidades das abellas ou a renovación das raíñas, entre outros.

As persoas interesadas en realizar este curso, que ten carácter gratuíto, poden inscribirse ata o vindeiro 31 de marzo no Concello do Saviñao ou chamando ao teléfono 982 452 061. Hai 25 prazas e darase prioridade aos empadroados no municipio.

Desde a organización lembran que é obrigatorio acudir ás sesións facendo uso de máscara sanitaria.

saviñao curso apicultura
0.091311931610107