Abre o prazo de inscrición para as Escolas Municipais de Música e de Danza de Monforte
O Concello de Monforte anuncia que a partir do mércores 13 de setembro abrirá o prazo de inscrición tanto na Escola Municipal de Música como na Escola Municipal de Danza de dito Concello para o curso 2023/24.
As clases darán comezo o luns día 18 de setembro de 2023 e rematarán o venres día 14 de xuño de 2024.
Para realizar a inscrición na escola de música os interesados deberán dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos en horario de mañá entre as 10.00 e as 13.00 horas. Tamén é posible a inscrición a través da sede electrónica do Concello, no seguinte enlace.
As especialidades que se ofertan en música a partir dos 6 anos (agás música e movemento) son música e movemento para nenos entre 4 e 5 anos, percusión: e percusión galega, teclado, acordeón, violín, guitarra española e eléctrica, gaita, clarinete , rauta traveseira, trompa, rrompeta, rrombón de varas, bombardino e tuba.
En música, a ensinanza instrumental completarase con clases de linguaxe musical, así como participación en grupos colectivos que se organicen na Escola.
Para realizar a inscrición na escola de danza os interesados deberán dirixirse tamén á Secretaría do Edificio Multiusos e ademais é posible a inscrición a través da sede electrónica do Concello, no seguinte enlace.
Especialidades ofertadas en danza son a tradicional galega a partir de 5 anos, contemporánea a partir de 9 anos, e ballet clásico a partir de 5 anos.
As clases de danza ofertadas contarán cunha didáctica máis académica centrada nas técnicas do desenvolvemento da estabilidade, a rotación, a liña, a expresión..., atendendo ós principios básicos imprescindibles para unha correcta aprendizaxe.
Do mesmo xeito, levarase a cabo unha orientación, si é o caso, cara un ensino de carácter profesional cando as aptitudes e a vocación do alumno/a así o aconsellen.
Formaranse así grupos colectivos por niveis e idade nas 3 modalidades de danza.