Abre o prazo de inscrición para as escolas deportivas de Monforte

RibeiraSacraXa
O Concello de Monforte anunciou que mañá martes 7 de setembro abrirase o prazo de inscricións nas Escolas Deportivas Municipais.
pes ruta senderismo deporte
6 sep 2021

O Concello de Monforte anunciou que mañá martes 7 de setembro abrirase o prazo de inscricións nas Escolas Deportivas Municipais que o Concello organiza durante o curso 2021-2022.

A oferta deportiva divídese en actividades para nenos e nenas (entre os 6 e os 15 anos) e actividades para adultos/as (a partir de 16 anos). Así pois, as actividades para nenos e nenas son golf, pádel, kung fu e zumba kids. Pola súa beira, as actividades para adultos son ximnasia de mantemento, tai chi, ioga e zumba.

A actividade de cada unha das modalidades deportivas dará comezo no mes de outubro de 2021 e se prolongará ata finais do mes de maio de 2022, completando así un total de 8 meses lectivos.

O custe por modalidade e alumno/a e de 92,70 euros por todo o curso, cunha bonificación do 50 % para aquelas persoas que pertenzan a familia numerosa.
Todas as persoas interesadas en inscribirse nalgunha das actividades ofertadas o poderán facer presentando a documentación establecida no Rexistro Municipal do Concello, de xeito presencial, ou a través da sede electrónica municipal.

O prazo de solicitudes estará aberto entre o 7 e o 22 de setembro. Entre o luns 27 e o xoves 30 de setembro publicarase na páxina web do Concello a lista de admitidos e admitidas nas actividades. A lista de admitidos/as se confeccionará por rigorosa orde de presentación das solicitudes. Se unha vez finalizado o prazo de inscrición se da o caso de que quedan prazas vacantes, se poderán seguir presentando solicitudes ata esgotar as prazas ofertadas.

Para a prestación do servizo de cada unha das modalidades deportivas ofertadas será necesario que a porcentaxe de inscritos na actividade acade, como mínimo, o 25% das prazas ofertadas.

Protocolo de prevención ante a covid19

Todas as actividades contarán coas medidas preventivas fronte a covid19 ditadas en cada momento polas autoridade sanitarias. A actividade deportiva de cada unha das modalidades ofertadas estará suxeita aos seguintes criterios xerais de uso: En todas as instalacións deportivas se establecerán as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal. Así mesmo, con carácter xeral, non se compartirá ningún material e, se isto non fose posible, garantirase a presenza de elementos de hixiene para o seu uso continuado.

As bolsas, mochilas ou efectos persoais só se poderán deixar nos espazos habilitados para ese fin. Antes de entrar e ao saír do espazo asignado, deberán limparse as mans cos xeles desinfectantes que estarán dispoñibles nos espazos habilitados para o efecto. Será obrigatorio o uso de máscara en todo momento.

Estes criterios xerais de uso son susceptibles de modificacións en función das normas que se vaian ditando en cada momento polas autoridades sanitarias.

Cursos de natación na piscina climatizada municipal

Na piscina climatizada municipal tamén se van a ofertar un número importante de cursos e actividades. Para o trimestre que vai dende o mes de outubro a decembro ofertaranse cursos de natación para as seguintes idades: bebés -a partir de 6 meses-, infantil -a partir de 3 anos-, nenos/as -a partir de 6 anos- e persoas adultas -a partir de 13 anos-.

Cada un dos cursos ten unha carga horaria de 2 clases á semana, de 45 minutos cada unha. Tamén se vai a ofertar ximnasia acuática e spinning.

Todas as persoas interesadas en matricularse nalgún dos cursos que se ofertan na piscina municipal poderano facer a partir do 22 de setembro no caso de ser socios/as da piscina e a partir do 27 de setembro no caso de non selo.

Todas as persoas interesadas en recibir máis información sobre os cursos ofertadas no piscina poderano facer acudindo ao propio centro ou a través do teléfono 982 402 646 ou do correo electrónico piscina.monforte@tragsa.es

CARTEL ESCOLAS DEPORTIVAS 2021 2022
0.11827087402344