Abre o prazo de inscrición do Programa Integrado de Chantada
O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada abre o prazo para ofrecer postos de emprego a colectivos vulnerables.
iniciou a súa actividade ao abeiro da Orde do 4 de maio de 2022, da consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da xunta de Galicia publicada no DGO 98 do23 de maio de 2022.
Dentro deste programa, entran os concellos de Carballedo, Taboada, Sober, O Saviñao, Pantón, Bóveda, Paradela, A Peroxa, Coles, San Cristovo de Cea e Chantada.
O obxectivo é mellorar a ocupabilidades e inserción laboral de persoas en situación de desemprego, proporccionando información, roientación, asesoramento, formación, intermediación e prospección de emprego.
O número de participantes que se poden adherir a este plan ascende a 100 persoas desempregadas, que deberán estar inscritos no SEPE como demandantes de emprego.
Os colectivos aos que vai dirixido son: parados menores de 30 anos, parados maiores de 45 anos, persoas con discapacidade, persoas en risco de exclusión social e vítimas de violencia de xénero.