Abre o prazo de axudas dirixidas a tecnoloxías forestais

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Publicada a convocatoria das axudas para apoiar os investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciada con fondos Feader coa que se pretende chegar a 125 empresas e mobilizar máis de 34M€.
forestal maquina
20 Apr 2021

Publicada a convocatoria das axudas para apoiar os investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciada con fondos Feader coa que se pretende chegar a 125 empresas e mobilizar máis de 34M€.

A orde de axudas conta cun orzamento de 11,3M€, o que supón 877.000 euros máis que o pasado ano e poderán beneficiarse microempresas e pemes do sector forestal radicadas en zonas rurais de Galicia.

Entre os investimentos subvencionables atópanse os dirixidos aos traballos de mobilización e primeira transformación da madeira, incluíndo plans e ferramentas de mellora de xestión empresarial e a implantación e certificación da cadea de custodia. 

As axudas alcanzarán o 40% dos investimentos subvencionables, cun límite de 150.000 euros por beneficiario. Na edición anterior, os apoios concedidos ascenderon a 10,38M€, xerando investimentos por valor de 31,4M€, e beneficiando a 99 pemes e microempresas da industria forestal.

Estas axudas  forman parte do paquete de medidas aprobado recentemente polo Consello da Xunta para favorecer a modernización e achegar a innovación á industria forestal galega co que se pretende mobilizar 40M€. Ademais desta orde da que se abre o prazo mañá, o Goberno galego porá en marcha unha liña de axudas para actuacións de valorización, potenciación, innovación e mellora das pequenas e medianas empresas da industria forestal de Galicia, e das liñas da segunda transformación e do contract, dotada con 2 millóns de euros. Tamén se suma unha convocatoria de apoios por 500.000 euros para a realización de accións formativas non regradas por parte de asociacións sen ánimo de lucro representativas da cadea de valor forestal, os colexios profesionais e as fundacións de interese xeral con relación directa con este eido.

Este conxunto de medidas contribuirá á consolidación das pemes que conforman este sector industrial, o que lles permitirá ser máis competitivas e apostar por procesos de produción con menor impacto ambiental, o que á súa vez contribuirá á xeración no eido rural tanto de valor económico como de emprego especializado e de calidade, fomentando a fixación de poboación. Enmárcanse na Axenda da industria forestal, a folla de ruta deseñada conxuntamente cos principais axentes para potenciar o sector e impulsar a bioeconomía como motor de competitividade en Galicia. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.085153818130493