Abre o novo albergue municipal da Pobra do Brollón, que ocupa o espazo do antigo colexio

RibeiraSacraXa
Abre o novo albergue municipal da Pobra do Brollón, que ocupa o espazo do antigo colexio e será un recurso para os peregrinos
albergue municipal a pobra do brollón
18 Jul 2023

O Concello da Pobra do Brollón promoveu a posta en marcha dun albergue municipal como un recurso para peregrinos do Camiño de Inverno, aínda que tamén para turistas e visitantes en xeral.

Esta iniciativa, financiada con fondos propios, fondos Agader e da Deputación Provincial de Lugo, consistiu en condicionar o espazo no antigo edificio do colexio e acordar a concesión da xestión para que poida ser xestionado por Anabel Alves.

O alcalde, Xosé Lois Maceda, destaca a importancia do albergue para o desenvolvemento económico da Pobra do Brollón: “Estamos moi satisfeitos con contar por fin con albergue propio,” valora Maceda. “Será un revulsivo para a economía local a través da dinamización turística, facilitando que A Pobra do Brollón sexa fin de etapa do Camiño, pero tamén creando un recurso para calquera persoa que desexe visitar o noso municipio”.

Características do albergue

O albergue está situado na Avenida de Outeiro, ao carón do colexio da Pobra do Brollón, a uns 200 metros do Camiño de Inverno.

Conta con 36 prazas repartidas en dúas habitacións; unha sala de estar con butacas, mesas, microondas e neveira; tres aseos con duchas (incluído un aseo adaptado); unha zona de lavandería e secado, e un espazo exterior con árbores. Tamén hai un punto de venda de produtos locais.

O prezo son 12 ou 15 euros por noite e persoa en tempada alta, prezo que inclúe roupa de cama e toalla, e unha bebida quente ao día seguinte. A maiores, ofrécese servizo de almorzo, xantar e cea.

No futuro próximo, vaise ofrecer servizo de aluguer de bicicletas, así como actividades turísticas e lúdicas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17758393287659