Abre o Mercado de Nadal de Monforte con moitos postos comerciais e actividades para todas as persoas
O Mercado de Nadal do Concello de Monforte abre hoxe as súas portas, promovendo unha proposta de animación, con actividades para nenos e nenas, e propostas musicais para todos os públicos, á vez que se potencia o comercio e a artesanía. Este mercado terá continuidade a vindeira fin de semana, os días 29 e 30 de decembro.
O alcalde, José Tomé Roca, destaca que “fomentar as compras desta época nas tendas de Monforte, no noso comercio local, para o que fusionaremos animación e ocio co comercio, nas instalacións dos mercados, como xa vimos facendo nas últimas edicións, unha oferta atractiva de ocio e animación para todos os públicos, ó mesmo tempo que se fan os mercados de tempada”.
No Mercado de Nadal, o visitante poderá atopar unha ampla oferta de produtos para agasallos e gastronomía navideña, a oferta de artesáns, complementos, cosmética, madeira, bixutería, moda, entre outras disciplinas artísticas, ademais dun amplo abanico de produtos gastronómicos gourmet e de produtores locais de alta calidade. Esta fin de semana, o Mercado de Nadal contará con 13 expositores cada día.
Programación do Mercado de Nadal
Ademais da oferta comercial, o Mercado de Nadal contará con un variado programa de actividades dirixido a toda a familia e que se celebrará na propia Praza de Abastos.
Así, o venres 22 ás 12.00 horas, celebrarase o Obradoiro de cestería, impartido pola artesá Paqui Abeledo. Pola tarde, ás 18.30 horas, terá lugar o Obradoiro de cociña/Showcooking Navideño no Espazo gastronómico da Praza, que aportará ideas de menús navideños coa elaboración de catro tapas diferentes a cargo do chef Manuel Rodríguez: 'Mejillones con langostinos y setas en escabeche casero', 'Aguacate con pico de gallo mexicano y tartas de gamba arrocera', 'Taco de merluza con nabizas y panceta curada' e 'Solomillo de cerdo duroc con crema de patata y tierra de setas de temporada'.
As persoas interesadas poden acudir directamente no horario entre 18.30 e 20.30 ao espazo gastronómico da praza de Abastos onde poderán degustar e aprender novas ideas para os menús navideños que ademáis de maridalos con Viños da Ribeira Sacra.
O sábado 23, Papá Noel visitará a praza de Abastos en dous pases, un pola mañá de 12.00 a 14.00, e outro pola tarde de 17.30 a 20.30. A súa Trona estará ubicada nas instalacións do Mercado, e dende ela atenderá ós nenos e nenas que se acheguen a visitalo.
Como complemento e colofón a este Mercado de Nadal, terá lugar a actuación diversos grupos musical nun escenario ubicado na rúa Cardenal, que animarán ás rúas comerciais e os negocios de hostalería. Así, o sábado 23, a partir das 20.00 horas, actuará o grupo monfortino Doc Magoo’s e o sábado 30 á mesma hora, Malenne.
O alcalde anima “a todos os monfortinos e ás persoas que nos visiten estes días, que acudan ó noso Mercado de Nadal, que aposten por mercar no comercio local e disfruten da nosa hostalería, e participen neste completo programa de actividades que desenvolveremos na Praza de Abastos e na rúa do Cardenal”.