Abre en Sober unha oficina para tramitar as axudas aos afectados polos incendios

A Xunta de Galicia puxo en marcha en Sober unha oficina de información e tramitación destinada ás axudas para os veciños afectados polo incendio forestal que impactou no municipio o pasado mes de setembro.
A apertura desta oficina, explican dende o Concello, responde a unha petición do alcalde, Luis Fernández Guitián, e estará situada na primeira planta da Casa do Concello.
O horario de atención será de 09:00 a 14:00 horas e as solicitudes para estas axudas poderán presentarse ata o 30 de outubro, ofrecendo así un espazo próximo e accesible para que os veciños poidan recibir información e xestionar a axuda de forma directa.