Aberto o prazo para participar no concurso de deseño de camisetas da Feira do Viño de Quiroga

RibeiraSacraXa
Os encargados de elixir ao gañador serán os actores Edu Soto e Iván Massagué, pregoneiros da feira deste ano
quiroga-concurso-diseño-camisetas
21 Mar 2026

O Concello de Quiroga ten aberto o prazo para participar no concurso de camisetas que se organiza con motivo da XLIV edición da Feira do Viño de Quiroga, un certame que cada ano gaña máis popularidade, especialmente entre os grupos de mozos.

Poderán participar todos os grupos ou colectivos de polo menos catro persoas. O deseño e o lema das camisetas deberán estar relacionados coa Feira do Viño, e non se admitirán deseños que denigren a persoas, grupos ou colectivos, sexan públicos ou privados.

As inscricións pódense realizar na Casa da Cultura ata o 1 de abril, de xeito presencial ou chamando ao 982 43 51 25. Tamén se permitirá inscribirse o mesmo día da feira, na caseta de información municipal, antes das 19:00 horas.

Un representante de cada grupo deberá acudir ao pregón o sábado 4 de abril para presentar a súa camiseta diante do público e dos encargados de elixir ao gañador, que serán os actores Edu Soto e Iván Massagué, pregoneiros desta edición.

O premio consiste en 100 euros en metálico e un trofeo para os portadores da camiseta gañadora.

0.12829685211182