Aberto o prazo para participar no Certame de Poesía Infantil 'Nadal 2024' da Biblioteca Municipal da Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
Os traballos poderán presentarse ata o venres, 20 de decembro
concurso-poesia-nadal-a-pobra-do-brollon
17 Dec 2024

A Biblioteca Pública municipal 'Antonio Reboiro', na Pobra do Brollón, convoca o Certame de Poesía Infantil 'Nadal 2024'.

Pode participar calquera nena ou neno, rapaza ou rapaz ata os 16 anos, habendo tres categorías: ata 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 a 16 anos. Os poemas deben estar escritos en galego e ocupar como máximo un folio por unha cara.

O prazo de presentación remata o 20 de decembro, debendo ser entregados os poemas na Biblioteca municipal da Pobra do Brollón (Casa da Cultura 'Olga Novo', 2º andar).

Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

⚙ Configurar cookies
0.39570093154907