Aberto o prazo para participar na XXV Mostra do Aceite de Quiroga

RibeiraSacraXa
Os colleiteiros interesados en participar poderán anotarse ata o 21 de febreiro
Mostra-do-Aceite-de-Quiroga-2023
11 Feb 2025

O Concello de Quiroga vén de abrir o prazo para participar na XXV Mostra do Aceite de Quiroga, que se celebrará os vindeiros dias 29 e 30 de marzo de 2025.

Os colleiteiros interesados en participar poderán anotarse ata o 21 de febreiro, sempre e cando conten co rexistro sanitario vixente e teñan unha colleita mínima de 200 litros de aceite.

As solicitudes deberán presentarse nas oficinas municipais do Concello de Quiroga e deberán presentar obrigatoriamente unha mostra de 1 litro en envase de cristal para posibles catas.

Novidades de 2025

Por primeira vez nos 25 anos dende a súa posta en marcha, a Mostra do Aceite trasládase á vila de Quiroga, aínda que se mantén o funcionamento do muíño de aceite de Bendilló, no lugar das Farrapas. Para asistir a esta demostración etnográfica dispoñerase de autobuses dende a vila quiroguesa.

O punto de venda de aceite instalarase na praza do Auditorio Municipal, favorecendo a utilización das instalacións municipais que a rodean, o Museo Etnográfico, o Albergue Municipal e o propio Auditorio.

0.14648604393005