Aberto o prazo para os colleiteiros interesados en participar na XXVI Mostra do Aceite de Quiroga

O Concello de Quiroga manterá aberto ata o día 30 de xaneiro o prazo para os colleiteiros interesados en participar na XXVI Mostra do Aceite de Quiroga, que este ano se celebrará os días 14 e 15 de marzo.
Os requisitos para poder participar son contar cun rexistro sanitario vixente e ter unha colleita mínima de 200 L de aceite.
As solicitudes poden presentarse de forma presencial nas oficinas municipais do Concello de Quiroga e haberá que levar unha mostra de 1 litro de aceite en envase de cristal para posibles catas a realizar.