Aberto o prazo para o concurso do cartel do Folión de Carros 2021

RibeiraSacraXa
A directiva da Asociación Cultural Amigos do Folión de Chantada convoca un concurso, coa finalidade de seleccionar o cartel anunciador do “Folión de Carros 2021” a celebrar, se é posible, o día 21 de agosto, coincidindo co sábado das Festas Patronais de Chantada.
folion de carros chantada concurso
25 Abr 2021

A directiva da Asociación Cultural Amigos do Folión de Chantada convoca un concurso, coa finalidade de seleccionar o cartel anunciador do “Folión de Carros 2021” a celebrar, se é posible, o día 21 de agosto, coincidindo co sábado das Festas Patronais de Chantada.

Poderán participar todo as persoas que o desexen nunha soa categoría e o contido do cartel deberá difundir e transmitir os valores fundamentais do Folión a través dos seus símbolos principais: carro tradicional, xugada de vacas ou bois, carroceiros e representantes de antigo sobre a comarca.

O traballo será individual e o cartel realizarase en formato horizontal ou vertical coas medidas DIN A-3 e entregarase en formato papel ou dixital (anexo a mail en formato .jpg e .pdf), debendo incluir obrigatoriamente a frase “Folión de Carros 2021” e a data de celebración “21 de agosto”. Tanto a técnica como o estilo dos carteis serán libres. As composicións deben ser orixinais e inéditos.

A persoa gañadora recibirá un Vale por valor de 200 euros para ser gastados en calquera negocio asociado á Asociación de Empresarios ou a Asociación Cultural Amigos do Folión, ámbalas dúas de Chantada, e o seu cartel será o anunciador do Folión de Carros 2021. A organización resérvase a decisión de outorgar un ou varios accésits, e utilizar estes carteis para os fins de divulgar o Folión de Carros por medios diversos.

Os traballos serán entregados no mail amigosdofolion@gmail.com ou no Apartado de Correos Nº12 de Chantada (27500) en data non posterior ao venres 28 de maio. Para obras entregadas en sobre, este deberá conter o cartel presentado e outro sobre mais pequeño cunha plica na que figure o nome, apelidos, número de teléfono e mail. Para obras entregadas por mail deberá ir anexo en formato .jpg ou .pdf o Cartel presentado e no corpo do mail ten que figurar o nome, apelidos, número de teléfono e mail. No asunto indicar: Concurso de carteis 2021.

0.15030694007874