Aberto o prazo para inscribirse no servizo Madrugadores de Chantada

O Concello de Chantada abre prazo de inscrición para participar no Servizo Madrugadores no vindeiro curso 25-26. Así, as inscricións poderán facerse do 21 de maio ao 6 de xuño, na casa consistorial, en horario de 9.00h a 14.00 horas.
O servizo presta atención á cativada en horario de 7.30 horas ata a hora de entrada nos colexios, que no caso do CEIP Plurilingüe Xoán de Requeixo son as 9.30 horas e no CEIP Eloísa Rivadulla son as 8.55horas.
Hai 3 anos, o Concello de Chantada comezaba co Servizo de Madrugadores, que daquela se desenvolveu desde febreiro ata finais de curso, a modo de proba, coa participación dunha vintena de rapaces e rapazas. Os dous anos seguintes xa se fixo o curso completo coa participación de case unha trintena de nenos en cada edición, o que demostra o éxito da actividade cunha tendencia progresiva á alza
“Abrimos agora o prazo de inscrición para poder ter unha previsión de cantas familias demandan o servizo e que ningún neno ou nena se quede sen el. Ofrecemos a opción de acudir todos os días ou en días soltos. O noso obxectivo é facilitar a conciliación e que cada familia poida escoller a opción que máis lle conveña”, explica o alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.