Aberto o prazo para inscribirse no Campamento de Verán de Pantón

RibeiraSacraXa
Desenvolverase durante 4 quincenas ao longo dos meses de xullo e agosto
campamentos-amencer
14 Jun 2025

O Concello de Pantón programa un ano máis durante os meses de xullo e agosto o Campamento de Verán. Actividades infantís para nenos e nenas nados entre 2009 e 2021 que se desenvolverán en horario de mañá de 10:00 a 14:00 horas.

O Campamento de Verán organízase por quincenas, de modo que haberá 4 quincenas, do 1 ao 15 de xullo, do 16 ao 31 de xullo, do 1 ao 14 de agosto e do 18 ao 29 de agosto. Inclúese ademais o Servizo Madruga que terá lugar de 9:00h a 10:00h para aquelas familias que así o demanden.

As inscricións poden facerse ata o 20 de xuño na Casa da Cultura de Pantón en horario de 10:00 a 20:00 horas. Terán prioiridade para participar das actividades os nenos e nenas empadroados no Concello de Pantón.

O Campamento de Verán contará con actividades e xogos acuáticos que se desenvolven na Piscina Municipal, obradoiros creativos e, entre outras propostas adaptadas ás distintas idades, saídas para coñecer máis do municipio. O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, destaca que, “durante o verán xuntamos en Pantón a moitos nenos e nenas, engádense as familias que nos visitan nestes meses. Para que todas as familias poidan conciliar levamos anos organizando estas actividades onde os máis novos aprenden xogando e divírtense coñecendo o seu municipio.”

⚙ Configurar cookies
0.16173005104065