Aberto o prazo para inscribirse no Campamento de Verán de Bóveda

RibeiraSacraXa
Está dirixido a nenos e nenas de 4 a 16 anos e desenvolverase en tres quendas durante todo o verán
campamento-Bóveda
Nenos e nenas no campamento de Bóveda
24 May 2025

O Concello de Bóveda ofrecerá, de xuño a agosto, un campamento de verán dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos. O campamento combinará xogos, xincanas, manualidades e actividades deportivas, e desenvolverase en tres quendas ao longo do verán: do 23 ao 30 de xuño, do 1 ao 31 de xullo e do 1 ao 8 de agosto.

O horario das actividades será de 8.15 a 14.15 horas, e as familias poderán optar por inscribir aos seus fillos e fillas de maneira semanal ou mensual.
O prazo de preinscrición está aberto ata o 27 de maio e deberá realizarse nas oficinas do Rexistro do Concello de Bóveda. Posteriormente, a matrícula formalizarase entre o 2 e o 10 de xuño.

As persoas interesadas en obter máis información ou en anotar aos seus fillos poden contactar co Concello a través do teléfono 982 426 006, extensión 5, ou mediante o correo electrónico cultura@concellodeboveda.com.

⚙ Configurar cookies
0.17271089553833