Aberto o prazo para inscribirse no Campamento de Nadal de Bóveda

RibeiraSacraXa
As inscricións poden realizarse ata o 12 de decembro
campamento-nadal-boveda
3 Dec 2025

O Concello de Bóveda abriu o prazo para inscribirse no Campamento de Nadal dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 14 anos. As matrículas pódense formalizar no Rexistro do Concello ata o 12 de decembro.

O campamento desenvolverase en horario de 9:00 a 14:00 horas os días 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro, así como o 2 de xaneiro.

Esta actividade está cofinanciada polo Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdade do Goberno de España e a Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.075958967208862