Aberto o prazo para inscribirse na terceira edición do programa Actívate

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Aberto o prazo para inscribirse na terceira edición do programa Actívate, que arranca esta fin de semana en Guitiriz, Chantada e Monforte.
programa activate deputacion
11 Apr 2023

A Deputación ofrece ata mediados de maio en 18 concellos actividades gratuítas para todos os públicos vinculadas ao turismo activo, desde un raid de aventura, escalada ou barranquismo, ata cicloturismo histórico ou iniciación á equitación.

A Deputación de Lugo abriu este luns o prazo para inscribirse nas actividades gratuítas do programa Actívate, unha inciativa que a institución provincial desenvolve por terceiro ano consecutivo para promover o turismo activo, deportivo e de aventura nos concellos da provincia.

As persoas interesadas en participar xa poden anotarse desde hoxe mesmo nas tres primeiras actividades que arrancarán esta fin de semana. Poderán facelo cubrindo o formulario de inscrición que estará dispoñible na páxina web inscricions.deputacionlugo.org ou na de turismo.deputacionlugo.gal

A programación arrancará este 15 de abril nos concellos de Guitiriz e Chantada, cunha ruta BTT e kaiak polo río, respectivamente. O domingo 16 de abril, os participantes poderán elixir entre paddle surf ou kaiak para realizar unha ruta polo río Sil, en Monforte de Lemos.

As inscricións para as próximas actividades abriranse progresivamente todos os venres, ás 8 da mañá, cunha semana de antelación ao día de celebración de cada proposta.

O Actívate chegará nesta terceira edición a 18 concellos da provincia durante as fins de semana dos meses de abril e maio. Contará cun total de 300 prazas, entre 15 e 20 por actividade, e ofrecerá propostas para todos os públicos.
A programación inclúe desde propostas deportivas para os máis atrevidos cun nivel medio-alto de dificultade, como un raid de aventura, surf, kaiak no mar, escalada ou barranquismo, ata iniciativas de dificultade media-baixa, como pode ser o cicloturismo histórico, o paintball ou a iniciación á equitación.

Durante a xornada, os participantes contarán cos materiais e equipamento necesario para levar a cabo a actividade, dun guía ou monitor especializado, e un seguro de responsabilidade civil e de accidentes.

Calendario de actividades

O calendario de actividades da terceira edición do Actívate nas próximas fins de semana, sábados e domingos de abril e ata o 14 de maio, é o seguinte:

ABRIL

  • 15 de abril: Ruta en bicicleta de montaña (BTT), en Guitiriz; e pola tarde Kaiak polo río desde a presa de Belesar, en Chantada
  • 16 de abril: Rutas en paddle surf e kaiak polo río Sil, en Monforte de Lemos
  • 22 de abril: Canoeing, en Ribadeo; e tiro con arco, na Fonsagrada
  • 23 de abril: Ruta dos fornos, descenso en tirolina e visita á Mina Consuelo, na Pontenova
  • 29 de abril: Raid de aventura con actividades que combinan o kaiaking, trekking, orientación e a bicicleta de montaña, en Viveiro; e pola tarde, surf, en Barreiros
  • 30 de abril: Escalada I e II na aldea de Visuña, en Folgoso do Courel; e pola tarde iniciación á equitación, en Taboada

MAIO:

  • 6 de maio: Ruta da Faba, en Lourenzá; e pola tarde, Paintball, na Pastoriza.
  • 7 de maio: Cicloturismo histórico, en Abadín e Vilalba
  • 13 de maio: Barranquismo, en Quiroga; e pola tarde, Snorkel, en Foz
  • 14 de maio: Kaiak de Mar, en Burela

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1713969707489