Aberto o prazo para anotarse na oitava edición dos Cantos de Taberna de Quiroga
A área de xuventude do Concello de Quiroga comezou esta semana a organiza as actividades que van levar a cabo neste primeiro semestre do ano. Así, acordouse que a celebración dos VII Cantos de Taberna do Concello de Quiroga queda fixada para o vindeiro día 22 de marzo.
As inscricións para participar xa están abertas e as solicitudes poderán presentarse de maneira presencial na Casa da Cultura do Concello de Quiroga ou a través do teléfono 982 435 125.
Para que se leve a cabo esta actividade precísase un mínimo de seis grupos musicais e un máximo de doce, contando cada grupo cun mínimo de cinco integrantes. Entregararanse 150 euros a cada grupo participante para que gaste nos establecementos aos que acuda, os establecementos participantes pola súa banda, comprométense a ter a disposición dos grupos tapas ou pinchos.
Está previsto que antes do comezo se reúnan os grupos participantes para darlles o itinerario do recorrido, a actuación en cada establecemento roldará a media hora cun repertorio de libre escolla, preferentemente con temas populares e tradicionais.
As actuacións comezarán a partir das seis e media da tarde aproximadamente, para rematar cunha gran foliada de todas as agrupacións xuntas na zona da praza da rúa Lago.