Aberto o prazo de solicitude dos campamentos de verán 2021

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Abriu o prazo de solicitude dos campamentos de verán 2021 cun programa de actividades cun claro compoñente de educación non formal
campamentos veran 2021 2
20 May 2021

Aberto o prazo de solicitude dos campamentos de verán 2021 cun programa de actividades cun claro compoñente de educación non formal destinadas á xuventude no ámbito do lecer e o tempo libre.

Pódese solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria as persoas mozas residentes en Galicia.

Os requisitos para participar son a idade que deberá ser de entre 9 e 18 anos, non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio nin sintomatoloxía compatible co COVID-19, e saber nadar para os campamentos que inclúan na súa programación actividades de auga.

Haberá prazas de inclusión para as persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 %. En función do tipo de discapacidade, poderá exceptuarse, de ser o caso, o requisito de saber nadar. Neste suposto, a persoa menor con discapacidade non poderá participar nas actividades de auga.

As persoas menores en situación de tutela ou garda pola administración e que se atopen en acollemento residencial poderán participar nesta convocatoria e deberán indicar esta condición no anexo de solicitude, marcando o recadro correspondente.

As solicitudes poderán presentarse de forma individual ou múltiple. A múltiple admitirase para o suposto de dous, tres e ata catro irmáns. As persoas menores que convivan no domicilio en situación de acollemento familiar tamén se poderán incluír na solicitude múltiple, equiparándose a súa situación a dos irmáns.

Oferta de prazas tanto para inclusión como prazas xerais: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran/anexos-accion-de-veran

Tamén haberá descontos para familias numerosas e familias monoparentais dun desconto do 50 %, e para as persoas usuarias do carné xove, que gozarán dun desconto do 25 %.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 28 de maio de 2021.

campamentos veran 2021
0.14993691444397