Aberto o prazo de reserva de praza no CEIP de San Clodio en Ribas de Sil

O Concello de Ribas de Sil informa á veciñanza que do 1 ao 20 de marzo está aberto o prazo para a reserva de praza no CEIP de San Clodio.
O centro destaca polo seu modelo de ensino próximo e de calidade, que aposta pola atención individualizada ao alumnado e pola participación en diversas iniciativas educativas, como Nutriescola, Horto Escolar, Plan BE, Robótica e outros proxectos didácticos.
Ademais, o CEIP de San Clodio ofrece material gratuíto en Infantil, merendas saudables, baixa ratio, sección bilingüe, auxiliar de conversa e saídas didácticas, así como servizos de madruga e comedor. O horario do centro é de 8:00 a 15:45 horas e, para máis información, as persoas interesadas poden chamar ao 982 828 219.