Aberto o prazo de preinscrición na Escola Infantil de Pantón para o curso 2026-2027

RibeiraSacraXa
As persoas interesadas en anotar aos seus fillos e fillas ou en renovar a súa praza poderán facelo ata o 7 de abril
galina-azul
29 Mar 2026

A Escola Infantil A Galiña Azul de Pantón ten aberto ata o 7 de abril o prazo de preinscrición e renovación de praza para o vindeiro curso 2026-2027.

As familias interesadas poderán realizar a solicitude preferentemente por vía telemática a través das páxinas web habilitadas pola administración autonómica, entre elas a sede electrónica da Xunta de Galicia e os portais de políticas sociais e igualdade e benestar. Para resolver dúbidas ou ampliar información, as persoas interesadas tamén poden contactar a través do número de teléfono 638 299 593.

0.12188792228699