Aberto o prazo de inscrición para participar na “Xornada Infantil do Mural do Folión de Carros de Chantada”

RibeiraSacraXa
A actividade terá lugar este martes, 19 de agosto, no muíño da Alameda
xornada-folion-de-carros-chantada
16 Aug 2025

A Asociación Cultural Amigos do Folión, en colaboración co Concello de Chantada, organiza unha xornada artística e cultural destinada a nenas e nenos de entre 6 e 12 anos, para participar no “Mural do Folión de Carros de Chantada”.

A actividade é totalmente gratuíta e terá lugar o martes, 19 de agosto, no muíño da Alameda. Para participar é preciso inscribirse previamente a través do teléfono 627 262 174 ou por correo electrónico, a través da direción amigosdofolion@gmail.com.

⚙ Configurar cookies
0.17177200317383