Aberto o prazo de inscrición para os campamentos de verán en Quiroga

RibeiraSacraXa
Quiroga abre o prazo de preinscricións para os campamentos de verán ata o vindeiro xenres 28 de xuño na casa da cultura.
campamento veran
16 Xuño 2021

Quiroga abre o prazo de preinscricións para os campamentos de verán ata o vindeiro venres 28 de xuño. Para iso, os interesados deberán facelo na casa da cultura do Concello.

Os campamentos levaranse a cabo entre o 1 de xullo e o 31 de agosto e realizaranse diferentes actividades coma xogos, deportes, obradoiros de manualidades e repaso escolar, entre outras. Así mesmo, nos campamentos primará a ensinanza de valores educativos, así coma de hábitos saudables para que os nenos e nenas aprendan nun ambiente educativo e ameno.

Os campamentos están dirixidos a nenos e nenas nados entre o 2009 e o 2017 e o horario no que se realizarán será de 11.00 a 14.00 horas.

cartel campamento quiroga
0.058783054351807