Segue aberto o prazo de inscrición nas xornadas micolóxicas no Courel
Un ano máis, chega a VIII edición das xornadas micolóxicas no Courel. Desta maneira, o 23 e 24 de outubro de 2021, coa colaboración da Sociedade Micolóxica Lucus na xornada do sábado e da Asociación Galega de Custodia do Territorio para explicar a paisaxe e o medio na xornada do domingo, levarase a cabo esta tradicional cita.
Desta maneira, a xornada comezará o sábado 23 de outubro ás 10 horas cunha reunión e saída ao campo cos monitores. Xa pola tarde, ás 16.30 horas, realizaranse charlas divulgativas e a identificación de cogomelos. Para rematar o día, farase a cea tradicional.
O domingo 24, pola súa beira, será o turno da ruta guiada e explicaranse diferentes aspectos relacionados coas paisaxe e o medio natural que nos rodea. A finalización das xornadas producirase ás 14.30 horas.
Así mesmo, hai que lembrar que as prazas son limitadas e que é preciso a inscrición previa.