Aberto o prazo de bolsas a deportistas individuais de Monforte

RibeiraSacraXa
O pasado luns 27 de setembro as bases e convocatoria de bolsas a deportistas do Concello de Monforte de Lemos.
deporte individual
1 Out 2021

O pasado luns 27 de setembro a Xunta de Goberno local aprobou as bases e convocatoria de bolsas a deportistas do Concello de Monforte que practiquen algún tipo de modalidade deportiva individual durante a tempada 2020-2021.

Estas axudas xa se poden solicitar, unha vez que foi publicada a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) no día de onte 30 de setembro, e o prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día de hoxe, venres 1 de outubro.

O importe total destinado a estas axudas é de 7.000 euros, o que o que supón manter o mesmo importe que na tempada anterior, e 2.000 euros máis que en 2019.

Poderanse beneficiar destas axudas os/as deportistas que cumpran os seguintes requisitos: estar empadroado/a no Concello de Monforte, estar federado/a nalgunha das federacións deportivas galegas ou españolas, estar ó corrente das obrigacións tributarias coa Facenda estatal e autonómica, así como estar ó corrente das obrigacións coa Seguridade Social e co Concello de Monforte.

Ademais, deberá ter participado, como mínimo, no Campionato de España, Campionato de Europa ou Campionato do Mundo propio da modalidade deportiva.

Terán a consideración de deporte de carácter individual todos aqueles deportes que, segundo a súa regulamentación, son practicados de forma individual. En todo caso, non se considerarán participacións individuais as substitucións nin as probas coordinadas ou sincronizadas nas que actúe simultaneamente máis dun integrante do mesmo equipo.

Todas as persoas interesadas poderán presentar méritos para a súa avaliación conseguidos entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de setembro de 2021.

A cantidade máxima de cada unha das bolsas establécese en 600 euros por deportista.

0.18901014328003