Abertas as inscricións para participar no 10º Torneo de Futsal Feira do Viño de Quiroga

O área de Deportes do Concello de Quiroga organiza o 10.º Torneo de Futsal Feira do Viño de Quiroga, unha cita dirixida a equipos locais que se celebrará desde o luns 30 de marzo ata o xoves 2 de abril.
A inscrición é totalmente gratuíta e poderá realizarse ata este venres, 27 de marzo, a través do teléfono 620 752 201. Ese mesmo día, ás 20:00 horas, celebrarase o sorteo de grupos no Bar Chapakuña 3.
A competición repartirá premios aos catro primeiros clasificados nesta cita deportiva que xa é toda unha tradición dentro do programa de actividades da Feira do Viño.