Abertas as inscricións para os obradoiros de Nadal en Ribas de Sil

RibeiraSacraXa
Os obradoiros desenvolveranse do 22 ao 26 de decembro en horario de mañá no salón de actos do Concello
Decoración-nadal-recurso
18 Dec 2025

O Concello de Ribas de Sil pon en marcha unha nova edición dos obradoiros de Nadal dirixidos aos máis pequenos. Unha proposta chea de creatividade, diversión e ambiente nadalicio para que nenos e nenas disfruten destas festas.

Os obradoiros desenvolveranse do 22 ao 26 de decembro, en horario de 10:30 a 13:30, no salón de actos do Concello. Durante as actividades, a cativada poderá participar en manualidades e decoracións de Nadal, construír o buzón real e tamén haberá tempo para ver películas.

As inscricións están abertas e poden realizarse chamando ao teléfono 672 357 890.

⚙ Configurar cookies
0.072279930114746