Abertas as inscricións para a Quiroga Bike Marathon 2025

RibeiraSacraXa
A proba celebrarase o próximo 6 de setembro e contará con dous percorridos
quiroga-bike-marathon-2
14 Mar 2025

Os amantes do ciclismo de montaña xa poden marcar no seu calendario o próximo 6 de setembro de 2025, data na que se celebrará a primeira edición da Quiroga Bike Marathon. A proba, que abriu inscricións este xoves, contará con dúas distancias: Bike Marathon de 45 km e 1400 metros de desnivel positivo e Bike Extreme: 67 km e 2400 metros de desnivel positivo.

A proba, que non será federada, percorrerá parte do Concello de Quiroga e poderá realizarse de forma individual ou en parella. Todas as persoas inscritas recibirán un agasallo exclusivo do evento, paella ao finalizar a proba, cronometraxe con chip e seguro deportivo.

As inscricións atópanse xa dispoñibles a prezo reducido ata o 31 de marzo a través da web quirogabikemarathon.com.

⚙ Configurar cookies
0.81939792633057