Abertas as inscricións para a novena edición do Trail Ribeira Sacra

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A proba terá lugar o vindeiro 12 de outubro cun percorrido de 48 quilómetros que partirá de Nogueira de Ramuín
trail-ribeira-sacra
Imaxe do Trail Ribeira Sacra
14 Feb 2025

A IX edición do Trail Ribeira Sacra regresará o vindeiro 12 de outubro de 2025. A proba reúne cada ano a centos de deportistas nacionais e internacionais no concello ourensán de Nogueira de Ramuín.

As persoas interesadas en participar poden anotarse a partir deste venres, 14 de febreiro, a través da web oficial da proba. A carreira, de carácter circular, percorrerá un total de 48 quilómetros cun desnivel 3.450 m que partirá dende a praza de Luíntra, percorrendo algúns dos lugares máis emblemáticos da Ribeira Sacra ourensá como o Pé do Home.

Na pasada edición, a proba reuniu a un total de 390 deportistas procedentes de 14 comunidades autónomas de España, e de países como Alemaña, Arxentina, Francia, Portugal e Inglaterra.

O evento contou coa participación do subcampión mundial de Skyrunning, Jesús Gil, quen obtivo a primeira posición no podio masculino, así como membros da selección española, achegando un alto nivel de competitividade.

O Trail Ribeira Sacra trata de promocionar a provincia de Ourense e a Ribeira Sacra a través dunha experiencia única para os sentidos que fusiona: saúde, deporte, natureza, patrimonio e a posta en valor dos produtos da nosa terra. Durante a xornada leváronse a cabo presentacións e degustacións de produtos con música en vivo, animacións para todos os públicos e actividades para os máis cativos.

0.1676549911499