Abertas as inscricións para a cuarta ronda do Bóveda Slam Poetry

RibeiraSacraXa
Será o vindeiro 29 de marzo e desta ronda sairá o cuarto clasificado ou clasificada para a gran final
Final-2024-Bóveda-Slam-Poetry
Bóveda Slam Poetry
9 Mar 2025

O Bóveda Slam Poetry celebrará a súa cuarta ronda o vindeiro 29 de marzo, e o prazo de inscrición xa está aberto a todas as persoas que queiran participar. De esta ronda sairá o cuarto clasificado ou clasificada para a gran final

O Bóveda Slam Poetry celebrou o pasado sábado, 1 de marzo, o seu terceiro encontro da tempada, unha cita na que a poeta Cristina Pérez H. logrou a Cunca de Ouro, converténdose na terceira clasificada para a gran final.

Cristina Pérez H sumouse así a María Barrado García, máis coñecida como MeryJaneFunk, que foi elixida como segunda clasificada para a gran final tras alzarse coa Cunca de Prata na segunda ronda, e a José Antonio García , primeiro clasificado para a gran final, que acadou a Cunca de Ouro no primeiro encontro de Bóveda Slam Poetry.

Bóveda Slam Poetry chegou a Bóveda en marzo de 2023 coa intención de achegar a poesía escénica ao rural e converter Bóveda nunha das máis de trinta sedes de Poetry Slam que hai no estado.

Dende os seus inicios, pasaron por Bóveda máis de 30 poetas, participando nos distintos encontros de poesía escénica do Bóveda Slam Poetry que se organizaron até agora. A estes encontros hai que sumar a organización do II Poetry Slam Galiza, no que participaron as e os poetas gañadores das finais das tres sedes de ‘poetry slam’ galegas (Compostela, Carral e Bóveda) da tempada pasada e do que saíu gañador Peter Brea, representando a Poetry Slam Compostela.

⚙ Configurar cookies
0.54559803009033