Abertas as inscricións para a Aula de Verán do Saviñao

O Concello do Saviñao ten abertas ata o 12 de xuño as inscricións para a Aula de Verán, un programa de conciliación familiar que ofrecerá un espazo educativo e de lcer para os nenos e nenas do concello entre o 1 de xullo e o 29 de agosto.
As aulas contarán con grupos en Escairón e Currelos e darase prioridade aos nenos e nenas empadroados, xa que as prazas son limitadas. As actividades incluirán xogos, manualidades ou deportes, e desenvolveranse de luns a venres (agás festivos) en horario de 9:00 a 14:00 horas.
O programa está dirixido ás crianzas de entre 3 e 12 anos e asa inscricións, que faranse por quincena, poden formalizarse nas oficinas do Concello