A zoqueira Elena Ferro divulgou a súa arte nos oficios artesanais en Sarria e Bóveda

SarriaXa | RibeiraSacraXa
Artesanía na escola consiste na creación de diferentes unidades didácticas monográficas sobre oficios artesanais
Artesanía-Na-Escola
11 Jun 2025

O proxecto de divulgación dos oficios artesanais, Artesanía na Escola, chegou ao CEIP Plurilingüe Antonio Fernández López de Sarria.

A zoqueira Elena Ferro, que protagoniza unha das unidades didácticas deste programa de divulgación da artesanía e que leva por título Eu son zoqueira, estivo ensinando a súa arte. Posteriormente, trasladáronse ata Bóveda para presentar o proxecto no CEIP Rosalía de Castro, no que Elena Ferro tamén realizou unha demostración do seu oficio.

Artesanía na escola consiste na creación de diferentes unidades didácticas monográficas sobre oficios artesanais e nas que se inclúen unha unidade didáctica en papel que se lle envía aos centros participantes e fichas en formato dixital para poder traballar cos alumnos.

Cada unidade didáctica fala dun oficio concreto a través da traxectoria dun artesán ou artesá, co obxectivo de facilitarlle ao alumnado a comprensión do tema ou a ampliación de información, e tamén coa intención de que eses profesionais da artesanía poidan visitar algúns dos centros que están a participar no programa.

⚙ Configurar cookies
0.095601081848145