A zona da Montaña e Ribeira Sacra foron os escenarios do Coñece a túa provincia desta semana

RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa
La zona de la montaña y la Ribeira Sacra fueron los protagonistas de esta semana en el programa Coñece a túa provincia de Lugo.
rio sil catamaran ribeira sacra
1 Abr 2022

A Deputación de Lugo descobre esta semana a zona da Montaña e a Ribeira Sacra a preto de 70 veciños e veciñas de tres asociacións dentro do programa Coñece a túa provincia que impulsa a institución provincial.

Este mércores, a Asociación Veciñal Penas de San Xoán de Alaxe, do Valadouro, visitou o Centro de Interpretación Terras do Miño para despois achegarse aos concellos de Sober e de Monforte de Lemos. Durante a visita coñeceron unha adega da subzona de Amandi e o Miradoiro do Duque, ademais de facer a ruta en catamarán da institución provincial polo Canón do Sil.

O xoves, os beneficiarios foron os da Asociación de Veciños Pizal-Outeiro-San Vixente de Pedreda e a Asociación de Veciños Rúa Alta, que viaxarán a Pedrafita do Cebreiro e Triacastela, despois de visitar o Pazo de San Marcos, e aos concellos de Pantón e Carballedo, ademais da produtora audiovisual da Deputación de Lugo, respectivamente.

Un total de máis de 3.000 persoas de 136 asociacións beneficiaranse das viaxes gratuítas pola xeografía lucense nesta segunda tempada da iniciativa coa que a institución provincial apoia a actividade do turismo, a hostalería e o comercio local. As saídas terán lugar en dúas quendas que permitirán coñecer a provincia en primavera, entre marzo e xuño, e en outono, de setembro a novembro.

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, acompañou este mércores á agrupación valadouresa na súa visita ao Centro de Interpretación de Terras do Miño destacando a reedición deste programa incluído no Plan de Impulso da Provincia que “busca seguir favorecendo o coñecemento da provincia entre a veciñanza, e seguir consolidando un modelo de turismo de calidade, sostible, con capacidade para atraer visitantes ao longo do ano, que pon en valor o patrimonio e que mantén e crea emprego, sobre todo no rural”.

Coñece a túa provincia inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estas visitas serán realizadas por profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e polo persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.

0.1206841468811