A XXXV Festa da Castaña do Caurel terá lugar o vindeiro 2 de novembro
O Concello de Folgoso do Courel organiza a XXXV Festa da Castaña do Caurel o vindeiro 2 de novembro no Souto da Carroza.
Todo comezará ás 12.00 horas co inicio da festa coa agrupación Courelouzara e coa degustación gratuíta de castañas e viño durante a mañá.
Logo, ás 13.30 horas, será a quenda do pregón a cargo do cociñeiro Kike Piñeiro do Restaurante A Horta d'Obradoiro de Santiago de Compostela, á par que se entregarán os trofeos do V Concurso de Tapas Castaña do Courel.
Xa ás 15.00 horas terá lugar a actuación do grupo tradicional Os Gaioleiros e ás 17.00 horas o grupo O Recanto e a charanga Nova Trives amenizarán a xornada de tarde, na que haberá tamén degustación gratuíta de castañas e viño durante a tarde.
Finalmente, ás 21.00 horas haberá unha cea popular na carpa, ás 22.00 horas actuará o Dúo La Hora Bruja e ás 00.00 horas será o concerto do Grupo Gin Toni's, para logo rematar con La Hora Bruja.
O cartel deste ano está deseñado e feito polo alumnado do CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel.