A XXXIII Feira do Viño de Vilachá xa ten cartel anunciador

A XXXIII Feira do Viño de Vilachá, que se celebrará do 1 ao 3 de maio de 2026, xa ten cartel anunciador. O xurado reuniuse o pasado martes 10 de marzo para valorar as propostas presentadas e, seguindo os criterios establecidos nas bases, escolleu como gañador o cartel titulado “Mencía”, da autora Anna León Orozco, que recibirá un premio de 200 euros.
O deseño resume de maneira atractiva o espírito da feira, integrando elementos como a arquitectura das adegas da Abelaira, a presenza da música e, por suposto, o viño de Vilachá como protagonista.
En segundo lugar quedou o cartel “A vida, a vide”, de Iago López, mentres que en terceiro posto foi seleccionado “Viñateira”, de Juan José López. No total presentáronse oito propostas ao concurso.
Desde o Concello da Pobra do Brollón, destacaron o alto nivel das participacións e felicitáronse aos gañadores, ao tempo que agradecen a colaboración e interese de todas as persoas que participaron nesta edición do concurso.