A XXVII edición dos Xogos Autonómicos Special Olympics desenvolveranse este sábado en Sober

RibeiraSacraXa
O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, participou en Sober na presentación da 27 edición dos Xogos Autonómicos Special Olympics na modalidade de campo a través e petanca, que se celebrará este sábado 11 de maio que terá lugar na localidade soberina.
presentación Xogos Autonómicos de Campo a Través e Petanca Sober
8 May 2024

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, participou en Sober na presentación da 27 edición dos Xogos Autonómicos Special Olympics na modalidade de campo a través e petanca, que se celebrará este sábado 11 de maio que terá lugar na localidade soberina.

Rivera Capón destacou o compromiso da Deputación cos Special Olympics e puxo en valor o traballo da Federación Galega de Asociacións a favor das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento (FADEMGA) e da Asociación PRODEME de Monforte de Lemos.

Así, destacou que “esta proba deportiva  reunirá a 241 participantes procedentes de 13 entidades galegas, e conta con diferentes niveis, categorías e distancias nesta modalidade”. Ademais, subliñou o apoio continuo da Deputación a este colectivo, aportando anualmente 8.000 euros.

0.1699059009552