A XXVI Mostra do Aceite de Quiroga xa ten data de celebración

RibeiraSacraXa
Será os días 7 e 8 de marzo de 2026
comision-organizacion-mosra-do-aceite-quiroga
29 Sep 2025

A comisión organizadora da XXVI Mostra do Aceite de Quiroga vén de anunciar a data para a súa vindeira edición, que terá lugar os días 7 e 8 de marzo de 2026. O órgano, integrado polo alcalde José Luís Rivera, produtores oleícolas e técnicos municipais, reuniuse esta semana por primeira vez para facer balance da pasada edición e comezar a preparar a seguinte.

Nesta ocasión, a comisión incorporou como novidade a participación do primeiro embaixador do aceite quirogués, o chef Kike Piñeiro, do restaurante A Horta do Obradoiro en Santiago de Compostela.

Segundo explican desde a organización, sobre a mesa quedaron xa diferentes asuntos que se irán concretando en futuras reunións. O que si está decidido é que a mostra manterá o seu formato de dous días de celebración e volverá incluír o espazo congresual. En 2026 terá lugar o III Congreso do Aceite de Oliva de Quiroga, que consolidará esta cita como punto de encontro e divulgación arredor do produto estrela da comarca.

⚙ Configurar cookies
0.094488859176636