A XXIX Mostra de Viños da Ribeira Sacra celébrase esta fin de semana

RibeiraSacraXa
A XXIX Mostra de Viños da Ribeira Sacra, Festa de Interese Turístico de Galicia, celébrase os vindeiros 11 e 12 de maio en Pantón.
10 Maio 2024

A XXIX Mostra de Viños da Ribeira Sacra, Festa de Interese Turístico de Galicia, celébrase os vindeiros 11 e 12 de maio en Pantón.

O alcalde, José Luis Álvarez, destaca a importancia desta cita cada ano para promocionar o municipio e os seus viños, os únicos con uvas das 3 ribeiras, Miño, Sil e Cabe, como recolle o cartel.

A convocatoria ten dous atractivos destacados: a paisaxe do lugar escollido e a presentación dunha das citas máis importantes no calendario do Concello de Pantón.

Esta cita acollerá diferentes actividades relacionadas co viño, como degustacións e catas de viño, charangas e actuacións musicais para todas as persoas que se acheguen a desfrutar desta iniciativa.

Arias destacou a colaboración da Administración autonómica para celebrar un ano máis esta festa que enxalza a viticultura da zona e que foi declarada de Interese Turístico de Galicia no ano 2022.

Os visitantes poderán degustar o viño acompañado de diferentes produtos da terra e desfrutar da sétima edición da Festa da Empanada o sábado a partir das 14.30 horas. Tamén se entregarán os premios do IX Concurso Fotográfico Rede Ribeira Sacra Viticultura Heroica e haberá actuacións musicais con orquestras e charangas durante toda a fin de semana.

Este ano coincidindo coa primeira xornada da mostra o recinto feiral acollerá o Brinde do Viño, que se celebra simultaneamente en distintos territorios vitivinícolas de España para reivindicar o valor dos viños con denominación de orixe (DO). A DO Ribeira Sacra participa con 35 Consellos Reguladores máis.

0.19512295722961