A XXIII Mostra de Panxoliñas para Centros de Ensino do Concello de Monforte celebrarase esta tarde
Esta tarde, ás 18.00 horas, terá lugar ás 18:00 horas a XXIII Mostra de Panxoliñas para Centros de Ensino do Concello de Monforte de Lemos, organizada dende a Concellería de Cultura, no Edificio Multiusos.
Nesta vixésima terceira convocatoria, nenas e nenos de diferentes centros de ensino da cidade interpretarán composicións musicais de Nadal, como cada ano, con grande éxito, coa finalidade de espertar a afección ao canto coral e á música entre os nenos e nenas dos centros de ensino da cidade.
Nesta 23ª edición as entidades participantes son o Colexio PP. Escolapios, a Fundación Educativa Torre de Lemos, o Colexio P. Ferroviario e o CEE Infanta Elena.
Así, durante a tarde, alumnos e alumnas do CEE Infanta Elena interpretarán a 'Cantiga do Apalpador', despois o alumnado de Educación Infantil do Colexio Ferroviario representarán 'Bienvenida Navidad', máis tarde o alumnado de Infantil da Fundación Educativa Torre de Lemos farao con '¡Ay Dios mío!', o coro de Primaria do Colexio PP. Escolapios cantará 'Aleluya', os de Primaria da Fundación Educativa Torre de Lemo interpretará 'Eso que tú me das”, e, por último, o alumnado de Primaria do Colexio Ferroviario representarán 'Carol of the bells'.