A XXIII Feira da Carne ao Caldeiro e Produtos Locais de Castro Carballedo foi todo un éxito

Castro Carballedo acolleu unha nova edición da Feira da Carne ó Caldeiro e Produtos Locais, organizada pola Asociación de Veciños O Bubaiño de Castro, nunha xornada marcada polo bo ambiente e a participación.
Veciños e visitantes gozaron dunha cita que combinou tradición, gastronomía e convivencia, con mesas cheas e produtos de calidade como protagonistas. O encontro volveu poñer de manifesto o dinamismo do ámbito rural e a súa capacidade para reunir a veciñanza arredor das súas tradicións.