A XXIII Carreira Popular Rota do Románico de Pantón será o 25 de maio

RibeiraSacraXa
O prazo para inscribirse xa está aberto
carreira-popular-rota-do-romanico-panton
30 Apr 2025

A XXIII Carreira Popular Rota do Románico do Concello de Pantón xa ten data de celebración. Será o vindeiro 25 de maio e o prazo de inscrición xa está aberto.

A proba contará con cinco categorías nas que poderán participar persoas de todas as idades. Así, haberá unha proba Mini, destinada a nenos e nenas nados a partir do 2021, cun percorrido 50 metros; outra para nados entre 2018 e 2020, cun percorrido de 400 metros; unha proba para as categorías B e C (2016-2017 e 2013-2015 respectivamente), cun percorrido de 800 metros; unha proba para categoría D, para nados entre 2010 e 2012, con 1.100 metros de lonxitude; e a proba Absoluta, para aqueles nados ata o ano 2009, cunha distancia de 6.270 metros.

Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba na carpa da organización sita diante do edificio sociocultural de 09.30 a 11.30 horas. As saídas arrancarán ás 11.00 horas cos máis pequenos e, a partir de aí, comezarán a saír o resto de corredores ata as 12.00 horas, cando terá lugar a saída proba Absoluta.

⚙ Configurar cookies
0.088224172592163