A XXII Feira da Carne ao Caldeiro e produtos locais de Carballedo xa ten data

RibeiraSacraXa
A feira celebrará a súa vixésimo segunda edición o vindeiro 13 de abril
feira-carne-ao-caldeiro-carballedo-cartel
18 Mar 2025

A Asociación de Veciños O Bubaiño Castro organiza unha nova edición da Feira de Carne ó Caledeiro e Produtos Locais de Castro Carballedo, que este 2025 celebra a súa vixésimo segunda edición.

Será o vindeiro 13 de abril, e para poder facer as reservas de carne pódese chamar aos teléfonos 982 466 351, 982 466 166, 982 466 271, 609 847 392 ou 696 989 767

A feira conta coa colaboración do Concello de Carballedo, a Deputación de Lugo, Caixa Rural Galega, o Sindicato Labrego Galego, Tres Fuciños, Finca Castro Vello e Miño Ulla GDR05.

⚙ Configurar cookies
0.55815100669861