A XXII Carreira Popular Rota do Románico Concello de Pantón acolleu a máis de 200 participantes

RibeiraSacraXa
Ao remate da carreira, entregáronse os trofeos aos máis rápidos
Carreira-románico-Pantón
27 May 2024

Pantón acolleu XXII Carreira Popular Rota do Románico Concello de Pantón, na que participaron máis de 200 persoas, que correron arredor das rúas da vila.

Concretamente, percorreron Pantón polo mosterio das Bernardas (ou cisterciense de Ferreira de Pantón), a igrexa de San Miguel de Eiré, a igrexa de Santo Estevo de Atán, o mosterio de San Vicente de Pombeiro e a igrexa de San Fiz de Cangas.

Ao remate da carreira, entregáronse os trofeos aos máis rápidos, que foron, na categoría A (2017-2019) quedou primeiro Alejandro Farias Novoa, de segundo quedou Namib Gulias e de terceiro Lois Collado. Na categoría B (2015-2016) e C (2012-2014) quedou primeira Lara López, de segundo Mauro Figueiras e de terceiro Alexandre Costa. Mentres, na categoría D (2009-2011), quedou primeiro Lois Castillo, segundo Joseph Rausseo e terceira Sabela Nieves. Finalmente, na categoría Absoluta quedou de primeiro Rubén Vicente, de segundo Manolinho Besteiro e de terceiro Darío Dos Santos.

0.12293601036072