A XXI edición da Feira Outrora de Rubián deu a coñecer o seu cartel anunciador

RibeiraSacraXa
A gañadora do concurso foi a a viguesa Nina Rodríguez Rodríguez, que repite galardón tras resultar tamén vencedora na edición anterior
presentación-cartel-feria-outrora
Presentación do cartel da Feira Outrora 2025
26 Jun 2025

A XXI edición da Feira Tradicional Outrora, que se celebrará o vindeiro 14 de xullo na parroquia de Rubián, no concello de Bóveda, xa conta co seu cartel anunciador.

O Concello deu a coñecer que a gañadora do concurso convocado para elixir o cartel deste ano 2025 é a viguesa Nina Rodríguez Rodríguez, que recibirá un premio de 400 euros. A autora repite galardón, tras resultar tamén vencedora na edición anterior. Nesta ocasión, presentou unha proposta completamente diferente: unha obra en óleo sobre táboa de madeira que busca representar tanto o espírito desta feira tradicional como a paisaxe característica da Ribeira Sacra.

Ao certame presentáronse unha ducia de propostas procedentes de distintos puntos da comarca de Lemos, doutras zonas de Galicia e mesmo do resto do Estado.

A Feira Outrora é unha cita consolidada no calendario de recreación histórica de Galicia, onde se recuperan oficios, costumes e ambientación da vida tradicional do rural galego.

⚙ Configurar cookies
0.16557002067566