A XXI Carreira Popular Rota do Románico é a primeira das actividades patrimoniais organizadas en Pantón
O Concello de Pantón organiza as XXXIV Xornadas da Rota do Románico de Pantón, que foron inauguradas o martes, 23 de maio, no mosteiro cisterciense de Ferreira e que inclúen varias actividades desde o 27 de maio ata o 2 de xullo.
Así, a primeira delas será este sábado, 27 de maio, que consistirá na XXI Carreira Popular Rota do Románico e que comezará ás 18.00 horas na categoría de menores e ás 19.00 horas terá lugar a proba absoluta. Para estas probas xa hai máis de 200 persoas inscritas.
A seguinte das iniciativas destas xornadas terá lugar o vindeiro 2 de xuño e consistirá na xuntanza con escritores pantoneses, que contará con tres autores: Santiago B. Suárez, Andrea Micc, Francisco Ruiz.
O 9 de xuño terá lugar a confederancia 'Xudeos, conversas e lendas xudeas na Ribeira Sacra' con Felipe Aira Pardo, e o 11 de xuño terá lugar ás 19.00 horas un concerto de Eugenia SanMartín.
O 16 de xuño terá lugar a conferencia 'Patrimonio industrial ferroviario' con Luis Blanco e o 23 de xuño será Xosé Antonio Quiroga quen estará encargado da conferencia 'Xan de forcados. A Fundación Xosé Soto de Fión. Arxeriz na actualidade'.
O 30 de xuño a conferencia será de Flora Enríquez, baixo o nome de 'Apuntamentos para a historia da parroquia de Santa María de Ferreira; e xa por último, o 2 de xuñlo ás 19.00 horas terá lugar a XI edición da Sinfonía no mosteiro, un concerto de Fisión Atlántica Esemble.